Blogia

frantemáticas

Cálculo fácil

Cálculo fácil

easy calculatiom é unha páxina para realizar online todo tipo de calculos matemáticos, dende os cálculos dunha calculadora científica, cálculos de préstamos, estatística, resolución de ecuacións, matrices, días do ano, índices de masa corporal ou mesmo compatibilidades amorosas. Un cento de aplicacións online gratis e sen necesidade de rexistrarse, cunha interface sinxela.

Fractais

Fractais

Área fractal e unha completa páxina sobre fractais onde poderemos atopar dende grande cantidade de imaxes, ata software para a creación de fractais así como un interesante titorial sobre o programa fractint.

  Isto é o mundo fractal, como din na presentación da páxina:" La otra frontera. Búsqueda de complicados paisajes que se esconden detrás de un universo capaz de expandir un átomo a tamaños siderales, allí donde nunca antes habíamos dirigido la vista."

Outra interesante páxina para quen desexe profundizar máis no tema é a do profesor Juan Antonio Pérez Ortiz , neste caso trátase de dous traballos en pdf por un lado "Música fractal: el sonido del caos" e por outro"Codificación fractal de imágenes", os títulos aclaran suficiente o contido dos traballos, na páxina principal temos a posibilidade de baixarnos varios programas para a composición de música fractal.

Arte ou ciencia...?

 

Matemática e liberdade!!

Matemática e liberdade!!

Isto vai de software libre , neste enlace da web alternativas libres propónsenos unha serie de programas de software libre de matemáticas como alternativa ós programas de pago como Matlab, spss, cabri, derive, etc... sendo moitos deles incluso compatibles con estes.

Para saber un pouco máis sobre isto paréceme interesante o informe sobre software libre e matemáticas elaborado pola Universidade de Cádiz, no que tratan de ver ata que punto este software ofrece unha alternativa como sustituto ou complemento do software de pago. Os resultados son positivos.

Por outro lado deixo o enlace de Matemáticas libres nacido como un proxecto dende educalibre para introducir as NTIC na aula de matemáticas.

Exercicios e exames

Exercicios e exames

Esta é a páxina do departamento de Matemáticas e informática do I.E.S. "Leopoldo Calvo" de Castilla León, nela aparecen materiais e recursos didácticos así como exames , está centrada máis no bacharelato, aínda que se pode atopar algo de secundaria. No referante á informática temos a posibilidade de diferentes cursos, destacando o de folla de cálculo en openoffice

BIOESTATÍSTICA

BIOESTATÍSTICA

Dúas anotacíons:

  • Sensacional Aula Virtual de bioestatística froito do Proxecto de Innovación Educativa da Universidade Complutense de Madrid. A web consta de dous módulos, un primeiro módulo de carácter teórico e un segundo módulo dedicado a un manual de introducción ó paquete informático SPSS . Todo moi ben presentado, incluindo practicos applets en Java e completos exercicios.
  • Non menos sensacional pero máis cinematográfica é a seguinte páxina froito do profesor Fco. Javier Barón López cargada de videos explicativos dos contidos e de exercicios prácticos, así como da utilización do SPSS.

As dúas páxinas están orientadas para un nivel universitario pero poden ser aproveitadas para niveles inferiores.

Unha vez máis a rede esta poboada de xente que fai ben o seu traballo e comparteo con todo o mundo, graciñas.

SUDOKU non é unha arte marcial

SUDOKU non é unha arte marcial

Un dos pasatempos preferidos dende hai tempo nos xornais e revistas, un xogo matemático onde xogando coa lóxica, os números e unha matriz 9x9 dividida en 9 submatrices 3x3 como taboleiro (na variante clásica), podemos pasar horas moi entretidas.

Para sabelo case todo sobre este xogo propoño a páxina SudokuMania , onde poderemos atopar dende as orixes do xogo ata as distintas modalidades (killer sudoku, diagonal sudoku, samurai sudoku, etc) e metodos de resolución, así como referencias bibliográficas e de software, e por suposto a posibilidade de practicar.

Por se nos atascamos pode resultar interesante a modo de gadget a seguinte folla de cálculo de openoffice, xentileza de Richhillsoftware.

Coido que o tema daría para unha tese.

A beleza dos números

A beleza dos números

Chegoume unha curiosa presentación en pps sobre diferentes combinacións de tipo aritmético, ó mesmo tempo que dan que pensar se os números esconden algo máis que o seu valor práctico.

Para disfrutar

Matemática musical

Matemática musical

Aquí deixo un sinxelo e claro artigo sobre os principios básicos da acústica musical e as súas relacións numéricas.

Unha proba máis da estructura matemática de todo o que nos rodea.

Que o disfrutedes con armonía.

 

Estatística para Todos

Estatística para Todos

Interesante portal de contidos estatísticos "Estadística para todos" con grande cantidade e calidades de material didáctico, dende proxectos para aplicar na clase ata referencias a webquest, libros, artigos de prensa, software, etc. Todo moi ben presentado e de sinxela e clara navegación. Está en construcción pero xa se lle pode sacar moito partido.

CÁLCULO ONLINE

CÁLCULO ONLINE

Isto vai dun novo apunte para calculo matemático online, xa que sempre hai quen prefire o ordenador e pouco tempo para facer contas que a romántica solución da folla e o lapis.

Xa habíamos falado do Wiris noutro artigo imos comentar outros dous:

Interesantísima páxina arxentina para todo tipo de cálculo matemático. Se rebuscamos algo máis atoparemos moitas máis aplicacións e software, ademáis de libros de calquer temática, gran cantidade de servicios online. Unha páxina con moita información e á que se lle pode sacar moito partido.

A outra dirección que recomendo e unha páxina para o cálculo integral, de utilización sinxela: the wolfram integrator

Luces, Cámara e Acción: MATEMÁTICAS TOMA UNHA

Luces, Cámara e Acción: MATEMÁTICAS TOMA UNHA

Nesta páxina poderemos atopar máis de 250 vídeos con resolución de problemas de matemáticas, ou incluso clases.

A páxina é creación de Juan Medina Molina, Doctor en Ciencias Matemáticas pola Universitat de València, fruto dunha experiencia de creación de vídeos docentes para o aprendizaxe das matemáticas. Tamén podese seguir as ultimas novidades desta páxina dende o blog do profesor Juan Medina Molina.

Con isto podemos levarnos o profesor para casa para que repita unha e outra vez a explicación, atendamos ou non.

Esta recomendada tanto para bacharelato como para primeiros cursos de universidade. Contén incluso videos de resolución de exámes de selectividade ou probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Podese compaxinar cunhas deliciosas pombiñas de millo. Desfrutadeos.

Unha boa axuda para o bacharelato

Neste portal podemos atopar un gran número de actividades (a través de apletts java e flash) que ilustran un bo número de tópicos da asignatura de matemáticas nos dous cursos de bacharelato nas súas diferentes modalidades. 

Trátase dun interesante portal deseñado pola profesora MªJosé García Cebrian, que ademais de tratar as principais asignaturas de matemáticas no bacharelato completase cun Anexo no que podemos atopar un glosario de termos  relacionados coa asignatura así como biografías de algúns dos matemáticos máis relevantes da historia.

Animacíons matemáticas de onte e hoxe presenta...

Animacíons matemáticas de onte e hoxe presenta...

Que mellor forma de disfrutar das matemáticas de maneira relaxada e distraida que mediante unha serie de animación, aínda que se trate dunha serie para adultos. Falo de Os Simpsons e Futurama, os dous fillos predilectos do debuxante Matt Groenig. Estas dúa series están repletas de contidos matemáticos, e non é casualidade xa que a maior parte dos guionistas son licenciados en matemáticas ou física, de aí ese torrente de guiños ás ciencias.

Entre a inmensa cantidade de páxinas dedicadas a estas series destacarei algunhas que demostran o antes comentado:

simpsons e futurama (en español)

Futurama (sección matemática da curiosa páxina de Bender Bending Rodríguez)

simpsons (páxina en ingles)

simpsons (artigo sobre as mátemáticas nos simpson no que se comenta unha posible proba que contradice o teorema de Fermat, baseado eso si no inevitable erro que se comete cunha calculadora cun número de díxitos restrinxido, se non probade 178212+184112=192212)


Nota para interesados

Nota para interesados

Unha das cousas que máis ilusións fai de levar un blog é que che fagan comentariós, pero para unha comunicación máis redonda sería fundamental que deixarades unha dirección de correo para que puidera respostar. Prometo facelo.

Un saúdo a todos os que con intención ou por casualidade visitan este blog, en especial ós meus exalumnos que sei que andan por aquí.

Actividades para a titoría

Actividades para a titoría

Propoño un par de actividades para facer na hora de titoría, onde poder exprimir os miolos ó mesmo tempo que traballamos en equipo.

Son válidas para calquera curso de secundaria.

Cadrados cooperativos: sinxela dinámica para practicar o traballo en grupo.

Temos un problema: Resolución dun asesinato mediante unha serie de pistas.

Están sacados da interesante e nutrida páxina profes.net, na que ademais de máis actividades para a tutoría pódense atopar moitas outras cousa relacionadas tanto coas matemáticas como con outras materias.

De novo á mina

De novo á mina

Xa voltamos das longas e merecidas vacacións (para algúns máis que outros), e con animo renovado retomamos o traballo. Este curso cambio de centro, agora no I.E.S. Río Miño de Rábade. Dende a cercanía virtual aproveito para mandar unha aperta ós compañeiros e alumnos do Barbón e decirlle ó Daniel que non desfallecerei.

Este curso supoño que me centrarei algo máis nos contidos de Secundaria xa que é o que impartirei e asi completo un pouco máis a oferta.

Como saudo inicial déixovos un artigo interesante dos que responden á tan repetida pregunta de para que serven as Matemáticas:

Las matemáticas ayudan a encontrar filones en las minas.

ÁNIMO!!

TEÑO 100 PROBLEMAS

TEÑO 100 PROBLEMAS

Trátase dun libro onde atoparedes 100 problemas entretidos para tódalas idades. Trátase de darlle á cachola, non son necesarias fórmulas raras, simplemente un pouco de sentido práctico, que non é pouco. O importante é participar.

Con 10 minutos de concentración matemática estaredes todo o día moito máis despertos mentalmente.

100 Problemas Metemáticos

Exames á Carta

Exames á Carta

Unha ferramenta útil para calquer profesor ou para alumnos espabilados que queiran ir un paso por diante, ademais dunha base de datos de exercicios (uns 350 por agora), que ainda non leva moito tempo funcionando pero está medrando.

Neste enlace poderemos atopar unha páxina onde fabricar exames de matemáticas tanto de ESO como de Bacharelato ou varios niveis no mesmo exame.

Unhas risas

Unhas risas

Para momentos de especial tensión, como por exemplo en época de exames onde o amor polas matemáticas corre especial perigo, non ben mal botarnos unhas risas, e por que non coas matemáticas.

Así que ademais do chiste de Forges de portada deixo caer unhas tiras do sempre intelixente Quino.

CORRELINGUA 2006

CORRELINGUA 2006

Un ano máis fomos correr pola lingua, aínda que o que se di correr non corremos moito, pero algunha quedou coa lingua de fora lucindo pancarta, e outras puxeronse dos nervios coas chapuzas dos xurados do evento, pero de que serve lamentarse... como se adoita dicir ninguén se mancou e iso é o importante.

Nesta dirección poderedes ver as fotos do correlingua deste ano, se tamen as queredes descargar todas xuntas nun tamaño algo maior podédelo facer neste outro enlace.

Se alguen esta interesado nunha foto concreta para tela nun maior tamaño pode poñerse en contacto comigo comentando no blog e deixando o seu correo.

Saudos a tod@s