Blogia
frantemáticas

BACHARELATO

Luces, Cámara e Acción: MATEMÁTICAS TOMA UNHA

Luces, Cámara e Acción: MATEMÁTICAS TOMA UNHA

Nesta páxina poderemos atopar máis de 250 vídeos con resolución de problemas de matemáticas, ou incluso clases.

A páxina é creación de Juan Medina Molina, Doctor en Ciencias Matemáticas pola Universitat de València, fruto dunha experiencia de creación de vídeos docentes para o aprendizaxe das matemáticas. Tamén podese seguir as ultimas novidades desta páxina dende o blog do profesor Juan Medina Molina.

Con isto podemos levarnos o profesor para casa para que repita unha e outra vez a explicación, atendamos ou non.

Esta recomendada tanto para bacharelato como para primeiros cursos de universidade. Contén incluso videos de resolución de exámes de selectividade ou probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Podese compaxinar cunhas deliciosas pombiñas de millo. Desfrutadeos.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Unha boa axuda para o bacharelato

Neste portal podemos atopar un gran número de actividades (a través de apletts java e flash) que ilustran un bo número de tópicos da asignatura de matemáticas nos dous cursos de bacharelato nas súas diferentes modalidades. 

Trátase dun interesante portal deseñado pola profesora MªJosé García Cebrian, que ademais de tratar as principais asignaturas de matemáticas no bacharelato completase cun Anexo no que podemos atopar un glosario de termos  relacionados coa asignatura así como biografías de algúns dos matemáticos máis relevantes da historia.

Exercicios de Clase

Recopilo de novo algúns dos exercicios feitos nas miñas clases de Bacharelato, algúns coas solucións. Esta vez inclúo os de 2º de Bacharelato:

1º Bacharelato
Tecnolóxico
Sucesións
Ecuacións, Inecuacións e Sistemas
Trigonometría
Complexos
Xeometría
Ciencias Sociais
Números Reais
Álxebra
Funcións
2º Bacharelato
Tecnolóxico
Álxebra
Xeometría
Análise
Ciencias Sociais
Álxebra
Análise
Probabilidade e Estatística

VECTORES NO PLANO

VECTORES NO PLANO

Isto é unha completa unidade didáctica interáctiva sobre o estudio da xeometría plana a nivel de 4º de secundaria ou 1º de Bacharelato. Consta dun montón de actividades, moitas delas coa posibilidade de interacción.

Vectores no Plano

 

 

Matemáticas Aplicadas ás Ciencías Sociais II

Matemáticas Aplicadas ás Ciencías Sociais II Con esta páxina case non faría falta profesor para sacar a diante esta asignatura. Trátase dunha páxina dedicada á asignatura de 2º de Bacharelato Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, nela poderedes atopar tanto os conceptos do tema moi ben explicados como un montón de exercicios, moitos deles coa posibilidade de interactuar, facendo que o aprendizaxe sexa moi intuitivo.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Matemáticas Aplicadas ás Ciencías Sociais

Matemáticas Aplicadas ás Ciencías Sociais Nesta dirección podemos descargarnos en formato pdf 150 problemas tipo das Paau correspondentes á asignatura de Matemáticas Aplicadas ás Ciencías Sociais, están todos resoltos polo que representa un material interesante para os alumnos de 2º de Bacharelato que cursen esta asignatura. Esta elaborado polo profesor de Matemáticas de Educación Secundaria en Oviedo José María ROSELL TOUS.

Todo sobre as PAAU

Todo sobre as PAAU

Esta é a páxina oficial das PAAU na que poderemos consultar tanto o temario dos cursos de bacharelato como os exames de anos anteriores.

enlace

Matematicas 1º bacharelato Tecnolóxico

Matematicas 1º bacharelato Tecnolóxico

Nesta páxina podemos consultar  a teoría e exercicios da asignatura de matemáticas de 1º de Bacharelato.

Resultará especialmente interesante ós alumnos que busquen exercicios tipo de cada tema, tendo en conta que a maioría están resoltos.

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres