Blogia
frantemáticas

I.E.S. GARCÍA BARBÓN

Nota para interesados

Nota para interesados

Unha das cousas que máis ilusións fai de levar un blog é que che fagan comentariós, pero para unha comunicación máis redonda sería fundamental que deixarades unha dirección de correo para que puidera respostar. Prometo facelo.

Un saúdo a todos os que con intención ou por casualidade visitan este blog, en especial ós meus exalumnos que sei que andan por aquí.

CORRELINGUA 2006

CORRELINGUA 2006

Un ano máis fomos correr pola lingua, aínda que o que se di correr non corremos moito, pero algunha quedou coa lingua de fora lucindo pancarta, e outras puxeronse dos nervios coas chapuzas dos xurados do evento, pero de que serve lamentarse... como se adoita dicir ninguén se mancou e iso é o importante.

Nesta dirección poderedes ver as fotos do correlingua deste ano, se tamen as queredes descargar todas xuntas nun tamaño algo maior podédelo facer neste outro enlace.

Se alguen esta interesado nunha foto concreta para tela nun maior tamaño pode poñerse en contacto comigo comentando no blog e deixando o seu correo.

Saudos a tod@s 

Boletíns de Exercicios

Boletíns de Exercicios

Publico aquí algúns dos exercicios que temos feito nas clases de 1º de Bacharelato. Sempre hai alguén despistado que non os fixo todos, ou sempre queda a posibilidade de repasar.

Matemáticas I: Sucecións , Ecuacións Inecuacións e Sistemas , Trigonometría.

Matemáticas Aplicadas ás CC.SS.: Números Reais , Alxebra.

O mercores 22 de febreiro fomos cos alumnos de 1º de Bacharelato a Santiago, visitamos o Observatorio Astronómico Ramón María Aller , o Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" e o Museo do Acibeche, no que cada un tratou de fabricar a súa propia xoia.Para información interesante sobre Santiago e o seu movemento cultural podese visitar a paxina de Compostelacultura ou a paxina do Concello de Santiago.

Outra dirección de interese é a da propia Universidade de Santiago na que esta incluida as páxinas do Observatorio e do Museo de historia Natural.

E se necesitas buscar algunha calle ou a carretera para chegar a Santiago nada mellor que un mapa a todas as escalas.