Actividades para a titoría
![Actividades para a titoría](https://frantematicas.blogia.com/upload/20061109132029-logo-tutoria.jpg)
Propoño un par de actividades para facer na hora de titoría, onde poder exprimir os miolos ó mesmo tempo que traballamos en equipo.
Son válidas para calquera curso de secundaria.
Cadrados cooperativos: sinxela dinámica para practicar o traballo en grupo.
Temos un problema: Resolución dun asesinato mediante unha serie de pistas.
Están sacados da interesante e nutrida páxina profes.net, na que ademais de máis actividades para a tutoría pódense atopar moitas outras cousa relacionadas tanto coas matemáticas como con outras materias.