Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2006.

04/05/2006

Matemáticas e Cine

Pode ser que unha das formas máis atractivas de interesarse polas mátemáticas sexa que estas formen parte da trama central dunha película. Desta forma parece que se fan máis espectaculares e incluso ata o máis desconfiado lles atopa unha aplicación.

 

Algunhas das máis coñecidas atópanse nesta direción , destacar a famosa saga "Cube" e unha curiosa película arxentina moi recomendable chamada "Moebius" feita por un profesor e os seus alumnos da escola de cine, pero cun acabado moi profesional.

Destacar outros artigos interesantes sobre o tema Cine e Matemáticas escritos polo profesor do departamento de Matematicas Aplicadas da universidade de Valladolid Alfonso Jesús Población, así como en especial a súa páxina persoal e a seción de Cine na que incluso atoparemos actividades específicas relacionadas con algunhas das películas máis famosas.

04/05/2006 17:57 Autor: frantematicas. #. Tema: MATEMÁTICAS e REALIDADE Hay 1 comentario.

24/05/2006

CORRELINGUA 2006

20060524173726-correlingua06.jpg

Un ano máis fomos correr pola lingua, aínda que o que se di correr non corremos moito, pero algunha quedou coa lingua de fora lucindo pancarta, e outras puxeronse dos nervios coas chapuzas dos xurados do evento, pero de que serve lamentarse... como se adoita dicir ninguén se mancou e iso é o importante.

Nesta dirección poderedes ver as fotos do correlingua deste ano, se tamen as queredes descargar todas xuntas nun tamaño algo maior podédelo facer neste outro enlace.

Se alguen esta interesado nunha foto concreta para tela nun maior tamaño pode poñerse en contacto comigo comentando no blog e deixando o seu correo.

Saudos a tod@s 

24/05/2006 17:37 Autor: frantematicas. #. Tema: I.E.S. GARCÍA BARBÓN Hay 4 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]