Matemáticas e Cine
Pode ser que unha das formas máis atractivas de interesarse polas mátemáticas sexa que estas formen parte da trama central dunha película. Desta forma parece que se fan máis espectaculares e incluso ata o máis desconfiado lles atopa unha aplicación.
Algunhas das máis coñecidas atópanse nesta direción , destacar a famosa saga "Cube" e unha curiosa película arxentina moi recomendable chamada "Moebius" feita por un profesor e os seus alumnos da escola de cine, pero cun acabado moi profesional.
Destacar outros artigos interesantes sobre o tema Cine e Matemáticas escritos polo profesor do departamento de Matematicas Aplicadas da universidade de Valladolid Alfonso Jesús Población, así como en especial a súa páxina persoal e a seción de Cine na que incluso atoparemos actividades específicas relacionadas con algunhas das películas máis famosas.
1 comentario
mendinho -
O que é curioso é que nunca encontrei un filme sobre Ramanujan, un dos meus matemáticos favoritos, e iso que daría un bo guión.
Un saúdo.