Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2006.
08/02/2006
Apuntes e exercicios
Nesta paxina podense descargar tanto apuntes,exercicios, taboas en formato pdf, como atopar xogos ou chistes e curiosidades matemáticas que nos farán pensar.Matematicas 1º bacharelato Tecnolóxico

Nesta páxina podemos consultar a teoría e exercicios da asignatura de matemáticas de 1º de Bacharelato.
Resultará especialmente interesante ós alumnos que busquen exercicios tipo de cada tema, tendo en conta que a maioría están resoltos.
15/02/2006
Interactividade Matemática

Aquí atoparás seis unidades didácticas interactivas de matemáticas coas que se pretende reforzar e consolidar contidos básicos de 4º de ESO.
Están sacadas da páxina da editorial sm http://www.profesores.net/
Paréceme unha forma divertida e moi boa de aprender
• Inecuacións
• Funcións exponencias
• Razóns trigonométricas
• Proporcionalidade numérica
• Funcións polinómicas
• Cálculo de probabilidades
17/02/2006
Todo sobre as PAAU

Esta é a páxina oficial das PAAU na que poderemos consultar tanto o temario dos cursos de bacharelato como os exames de anos anteriores.
18/02/2006
Ciberespacio e Educación
Esta recomendación que fago agora é máis ben para profesores ou calquera que pretenda utilizar internet e as novas tecnoloxías como recurso didáctico, trátase dunha interesantísima e completa páxina elaborada polo Departamento de Pedagoxía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona. Pode servir tanto para iniciación como perfeccionamento e esta chea de direccións moi aproveitables.Grandes Matemáticos

Esta claro que as Matemáticas non saíron da nada, houbo que cociñalas, nesta dirección atoparedes as historias dos máis grandes matemáticos que coa súa intelixencia e creatividade fixeron das matemáticas non só unha arte senón a base de todas as ciencias.
Danos incluso a posibilidade de descargalo en pdf.
25/02/2006
Matemáticas Aplicadas ás Ciencías Sociais
26/02/2006
Aprobar pode ser máis sinxelo

Os programas informáticos poden axudarnos a comprender moito máis rápido e dunha maneira máis intuitiva os conceptos matemáticos. Recomendo dous:
- O primeiro trátase dun programa para representacións gráficas de funcións. Trátase dun programa moi sinxelo de utilizar, moi aconsellable para calquera alumno de secundaria e en especial de bacharelato. O programa chámase Wimplot , e pódese baixar en español, é totalmente gratuito.
- O segundo é un programa máis completo e complexo, trátase dun potente programa de cálculo numérico, moi recomendable para estudiantes universitarios con estudios moi ligados ás matemáticas, ou para calquera moi forofo das matemáticas e das aplicacións informáticas. O prográma é o Scilab e tamén é gratuito.
