Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2006.

01/12/2006

Nota para interesados

20061201115451-maquina-escribir.jpg

Unha das cousas que máis ilusións fai de levar un blog é que che fagan comentariós, pero para unha comunicación máis redonda sería fundamental que deixarades unha dirección de correo para que puidera respostar. Prometo facelo.

Un saúdo a todos os que con intención ou por casualidade visitan este blog, en especial ós meus exalumnos que sei que andan por aquí.

01/12/2006 11:54 Autor: frantematicas. #. Tema: I.E.S. GARCÍA BARBÓN Hay 1 comentario.

05/12/2006

Animacíons matemáticas de onte e hoxe presenta...

20061205100256-pi-simpsons.jpg

Que mellor forma de disfrutar das matemáticas de maneira relaxada e distraida que mediante unha serie de animación, aínda que se trate dunha serie para adultos. Falo de Os Simpsons e Futurama, os dous fillos predilectos do debuxante Matt Groenig. Estas dúa series están repletas de contidos matemáticos, e non é casualidade xa que a maior parte dos guionistas son licenciados en matemáticas ou física, de aí ese torrente de guiños ás ciencias.

Entre a inmensa cantidade de páxinas dedicadas a estas series destacarei algunhas que demostran o antes comentado:

simpsons e futurama (en español)

Futurama (sección matemática da curiosa páxina de Bender Bending Rodríguez)

simpsons (páxina en ingles)

simpsons (artigo sobre as mátemáticas nos simpson no que se comenta unha posible proba que contradice o teorema de Fermat, baseado eso si no inevitable erro que se comete cunha calculadora cun número de díxitos restrinxido, se non probade 178212+184112=192212)


05/12/2006 10:02 Autor: frantematicas. #. Tema: MATEMÁTICAS e REALIDADE Hay 2 comentarios.

20/12/2006

Unha boa axuda para o bacharelato

Neste portal podemos atopar un gran número de actividades (a través de apletts java e flash) que ilustran un bo número de tópicos da asignatura de matemáticas nos dous cursos de bacharelato nas súas diferentes modalidades. 

Trátase dun interesante portal deseñado pola profesora MªJosé García Cebrian, que ademais de tratar as principais asignaturas de matemáticas no bacharelato completase cun Anexo no que podemos atopar un glosario de termos  relacionados coa asignatura así como biografías de algúns dos matemáticos máis relevantes da historia.

20/12/2006 19:02 Autor: frantematicas. #. Tema: BACHARELATO No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]