Se muestran los artículos pertenecientes al tema BACHARELATO.
19/01/2007
Luces, Cámara e Acción: MATEMÁTICAS TOMA UNHA

Nesta páxina poderemos atopar máis de 250 vídeos con resolución de problemas de matemáticas, ou incluso clases.
A páxina é creación de Juan Medina Molina, Doctor en Ciencias Matemáticas pola Universitat de València, fruto dunha experiencia de creación de vídeos docentes para o aprendizaxe das matemáticas. Tamén podese seguir as ultimas novidades desta páxina dende o blog do profesor Juan Medina Molina.
Con isto podemos levarnos o profesor para casa para que repita unha e outra vez a explicación, atendamos ou non.
Esta recomendada tanto para bacharelato como para primeiros cursos de universidade. Contén incluso videos de resolución de exámes de selectividade ou probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Podese compaxinar cunhas deliciosas pombiñas de millo. Desfrutadeos.
20/12/2006
Unha boa axuda para o bacharelato
Neste portal podemos atopar un gran número de actividades (a través de apletts java e flash) que ilustran un bo número de tópicos da asignatura de matemáticas nos dous cursos de bacharelato nas súas diferentes modalidades.
Trátase dun interesante portal deseñado pola profesora MªJosé García Cebrian, que ademais de tratar as principais asignaturas de matemáticas no bacharelato completase cun Anexo no que podemos atopar un glosario de termos relacionados coa asignatura así como biografías de algúns dos matemáticos máis relevantes da historia.
24/04/2006
Exercicios de Clase
Recopilo de novo algúns dos exercicios feitos nas miñas clases de Bacharelato, algúns coas solucións. Esta vez inclúo os de 2º de Bacharelato:
| 1º Bacharelato | Tecnolóxico | Sucesións |
| Ecuacións, Inecuacións e Sistemas | ||
| Trigonometría | ||
| Complexos | ||
| Xeometría | ||
| Ciencias Sociais | Números Reais | |
| Álxebra | ||
| Funcións | ||
| 2º Bacharelato | Tecnolóxico | Álxebra |
| Xeometría | ||
| Análise | ||
| Ciencias Sociais | Álxebra | |
| Análise | ||
| Probabilidade e Estatística |
05/04/2006
VECTORES NO PLANO

Isto é unha completa unidade didáctica interáctiva sobre o estudio da xeometría plana a nivel de 4º de secundaria ou 1º de Bacharelato. Consta dun montón de actividades, moitas delas coa posibilidade de interacción.
17/03/2006
Matemáticas Aplicadas ás Ciencías Sociais II
Con esta páxina case non faría falta profesor para sacar a diante esta asignatura. Trátase dunha páxina dedicada á asignatura de 2º de Bacharelato Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, nela poderedes atopar tanto os conceptos do tema moi ben explicados como un montón de exercicios, moitos deles coa posibilidade de interactuar, facendo que o aprendizaxe sexa moi intuitivo.25/02/2006
Matemáticas Aplicadas ás Ciencías Sociais
17/02/2006
Todo sobre as PAAU

Esta é a páxina oficial das PAAU na que poderemos consultar tanto o temario dos cursos de bacharelato como os exames de anos anteriores.
08/02/2006
Matematicas 1º bacharelato Tecnolóxico

Nesta páxina podemos consultar a teoría e exercicios da asignatura de matemáticas de 1º de Bacharelato.
Resultará especialmente interesante ós alumnos que busquen exercicios tipo de cada tema, tendo en conta que a maioría están resoltos.