13/05/2008

Cálculo fácil

20080513203228-calculadora.gif

easy calculatiom é unha páxina para realizar online todo tipo de calculos matemáticos, dende os cálculos dunha calculadora científica, cálculos de préstamos, estatística, resolución de ecuacións, matrices, días do ano, índices de masa corporal ou mesmo compatibilidades amorosas. Un cento de aplicacións online gratis e sen necesidade de rexistrarse, cunha interface sinxela.

13/05/2008 20:32 Autor: frantematicas. #. Tema: Utilidades. Hay 1 comentario.

16/01/2008

Fractais

20080116132511-curva-dragon.gif

Área fractal e unha completa páxina sobre fractais onde poderemos atopar dende grande cantidade de imaxes, ata software para a creación de fractais así como un interesante titorial sobre o programa fractint.

  Isto é o mundo fractal, como din na presentación da páxina:" La otra frontera. Búsqueda de complicados paisajes que se esconden detrás de un universo capaz de expandir un átomo a tamaños siderales, allí donde nunca antes habíamos dirigido la vista."

Outra interesante páxina para quen desexe profundizar máis no tema é a do profesor Juan Antonio Pérez Ortiz , neste caso trátase de dous traballos en pdf por un lado "Música fractal: el sonido del caos" e por outro"Codificación fractal de imágenes", os títulos aclaran suficiente o contido dos traballos, na páxina principal temos a posibilidade de baixarnos varios programas para a composición de música fractal.

Arte ou ciencia...?

 

16/01/2008 20:36 Autor: frantematicas. #. Tema: MATEMÁTICAS e REALIDADE. Hay 2 comentarios.

27/11/2007

Matemática e liberdade!!

20071127185912-images.jpg

Isto vai de software libre , neste enlace da web alternativas libres propónsenos unha serie de programas de software libre de matemáticas como alternativa ós programas de pago como Matlab, spss, cabri, derive, etc... sendo moitos deles incluso compatibles con estes.

Para saber un pouco máis sobre isto paréceme interesante o informe sobre software libre e matemáticas elaborado pola Universidade de Cádiz, no que tratan de ver ata que punto este software ofrece unha alternativa como sustituto ou complemento do software de pago. Os resultados son positivos.

Por outro lado deixo o enlace de Matemáticas libres nacido como un proxecto dende educalibre para introducir as NTIC na aula de matemáticas.

27/11/2007 18:59 Autor: frantematicas. #. Tema: Utilidades. No hay comentarios. Comentar.

26/10/2007

Exercicios e exames

20071026002834-image052peque.jpgEsta é a páxina do departamento de Matemáticas e informática do I.E.S. "Leopoldo Calvo" de Castilla León, nela aparecen materiais e recursos didácticos así como exames , está centrada máis no bacharelato, aínda que se pode atopar algo de secundaria. No referante á informática temos a posibilidade de diferentes cursos, destacando o de folla de cálculo en openoffice
26/10/2007 00:24 Autor: frantematicas. #. Tema: apuntes, exercicios, etc. No hay comentarios. Comentar.

18/09/2007

BIOESTATÍSTICA

20070918134521-maestro.gif

Dúas anotacíons:

  • Sensacional Aula Virtual de bioestatística froito do Proxecto de Innovación Educativa da Universidade Complutense de Madrid. A web consta de dous módulos, un primeiro módulo de carácter teórico e un segundo módulo dedicado a un manual de introducción ó paquete informático SPSS . Todo moi ben presentado, incluindo practicos applets en Java e completos exercicios.
  • Non menos sensacional pero máis cinematográfica é a seguinte páxina froito do profesor Fco. Javier Barón López cargada de videos explicativos dos contidos e de exercicios prácticos, así como da utilización do SPSS.

As dúas páxinas están orientadas para un nivel universitario pero poden ser aproveitadas para niveles inferiores.

Unha vez máis a rede esta poboada de xente que fai ben o seu traballo e comparteo con todo o mundo, graciñas.

18/09/2007 13:45 Autor: frantematicas. #. Tema: ESTATÍSTICA. Hay 1 comentario.

15/07/2007

SUDOKU non é unha arte marcial

20070715195327-papel-higienico-sudoku2-vert.jpg

Un dos pasatempos preferidos dende hai tempo nos xornais e revistas, un xogo matemático onde xogando coa lóxica, os números e unha matriz 9x9 dividida en 9 submatrices 3x3 como taboleiro (na variante clásica), podemos pasar horas moi entretidas.

Para sabelo case todo sobre este xogo propoño a páxina SudokuMania , onde poderemos atopar dende as orixes do xogo ata as distintas modalidades (killer sudoku, diagonal sudoku, samurai sudoku, etc) e metodos de resolución, así como referencias bibliográficas e de software, e por suposto a posibilidade de practicar.

Por se nos atascamos pode resultar interesante a modo de gadget a seguinte folla de cálculo de openoffice, xentileza de Richhillsoftware.

Coido que o tema daría para unha tese.

15/07/2007 19:37 Autor: frantematicas. #. Tema: MATEMÁTICAS e REALIDADE. No hay comentarios. Comentar.

30/05/2007

A beleza dos números

20070530114908-ez-parts-numbers.gif

Chegoume unha curiosa presentación en pps sobre diferentes combinacións de tipo aritmético, ó mesmo tempo que dan que pensar se os números esconden algo máis que o seu valor práctico.

Para disfrutar

30/05/2007 11:49 Autor: frantematicas. #. Tema: MATEMÁTICAS e REALIDADE. No hay comentarios. Comentar.

25/05/2007

Matemática musical

20070525103217-piano.gif

Aquí deixo un sinxelo e claro artigo sobre os principios básicos da acústica musical e as súas relacións numéricas.

Unha proba máis da estructura matemática de todo o que nos rodea.

 

25/05/2007 10:32 Autor: frantematicas. #. Tema: MÚSICA E MATEMÁTICAS. No hay comentarios. Comentar.

29/03/2007

Estatística para Todos

20070329132511-images.jpgInteresante portal de contidos estatísticos "Estadística para todos" con grande cantidade e calidades de material didáctico, dende proxectos para aplicar na clase ata referencias a webquest, libros, artigos de prensa, software, etc. Todo moi ben presentado e de sinxela e clara navegación. Está en construcción pero xa se lle pode sacar moito partido.
29/03/2007 13:25 Autor: frantematicas. #. Tema: ESTATÍSTICA. Hay 3 comentarios.

26/02/2007

CÁLCULO ONLINE

20070226142305-maquina-chorizos.jpg

Isto vai dun novo apunte para calculo matemático online, xa que sempre hai quen prefire o ordenador e pouco tempo para facer contas que a romántica solución da folla e o lapis.

Xa habíamos falado do Wiris noutro artigo imos comentar outros dous:

Interesantísima páxina arxentina para todo tipo de cálculo matemático. Se rebuscamos algo máis atoparemos moitas máis aplicacións e software, ademáis de libros de calquer temática, gran cantidade de servicios online. Unha páxina con moita información e á que se lle pode sacar moito partido.

A outra dirección que recomendo e unha páxina para o cálculo integral, de utilización sinxela: the wolfram integrator

26/02/2007 14:23 Autor: frantematicas. #. Tema: Utilidades. No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]