Cálculo fácil
easy calculatiom é unha páxina para realizar online todo tipo de calculos matemáticos, dende os cálculos dunha calculadora científica, cálculos de préstamos, estatística, resolución de ecuacións, matrices, días do ano, índices de masa corporal ou mesmo compatibilidades amorosas. Un cento de aplicacións online gratis e sen necesidade de rexistrarse, cunha interface sinxela.

Isto é o mundo fractal, como din na presentación da páxina:" La otra frontera. Búsqueda de complicados paisajes que se esconden detrás de un universo capaz de expandir un átomo a tamaños siderales, allí donde nunca antes habíamos dirigido la vista."
Trátase dun interesante portal deseñado pola profesora MªJosé García Cebrian, que ademais de tratar as principais asignaturas de matemáticas no bacharelato completase cun Anexo no que podemos atopar un glosario de termos relacionados coa asignatura así como biografías de algúns dos matemáticos máis relevantes da historia.
Entre a inmensa cantidade de páxinas dedicadas a estas series destacarei algunhas que demostran o antes comentado:
Trátase dun libro onde atoparedes 100 problemas entretidos para tódalas idades. Trátase de darlle á cachola, non son necesarias fórmulas raras, simplemente un pouco de sentido práctico, que non é pouco. O importante é participar.