Blogia
frantemáticas

ESTATÍSTICA

BIOESTATÍSTICA

BIOESTATÍSTICA

Dúas anotacíons:

  • Sensacional Aula Virtual de bioestatística froito do Proxecto de Innovación Educativa da Universidade Complutense de Madrid. A web consta de dous módulos, un primeiro módulo de carácter teórico e un segundo módulo dedicado a un manual de introducción ó paquete informático SPSS . Todo moi ben presentado, incluindo practicos applets en Java e completos exercicios.
  • Non menos sensacional pero máis cinematográfica é a seguinte páxina froito do profesor Fco. Javier Barón López cargada de videos explicativos dos contidos e de exercicios prácticos, así como da utilización do SPSS.

As dúas páxinas están orientadas para un nivel universitario pero poden ser aproveitadas para niveles inferiores.

Unha vez máis a rede esta poboada de xente que fai ben o seu traballo e comparteo con todo o mundo, graciñas.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Estatística para Todos

Estatística para Todos Interesante portal de contidos estatísticos "Estadística para todos" con grande cantidade e calidades de material didáctico, dende proxectos para aplicar na clase ata referencias a webquest, libros, artigos de prensa, software, etc. Todo moi ben presentado e de sinxela e clara navegación. Está en construcción pero xa se lle pode sacar moito partido.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres