Se muestran los artículos pertenecientes al tema Utilidades.

13/05/2008

Cálculo fácil

20080513203228-calculadora.gif

easy calculatiom é unha páxina para realizar online todo tipo de calculos matemáticos, dende os cálculos dunha calculadora científica, cálculos de préstamos, estatística, resolución de ecuacións, matrices, días do ano, índices de masa corporal ou mesmo compatibilidades amorosas. Un cento de aplicacións online gratis e sen necesidade de rexistrarse, cunha interface sinxela.

13/05/2008 20:32 Autor: frantematicas. #. Tema: Utilidades Hay 4 comentarios.

27/11/2007

Matemática e liberdade!!

20071127185912-images.jpg

Isto vai de software libre , neste enlace da web alternativas libres propónsenos unha serie de programas de software libre de matemáticas como alternativa ós programas de pago como Matlab, spss, cabri, derive, etc... sendo moitos deles incluso compatibles con estes.

Para saber un pouco máis sobre isto paréceme interesante o informe sobre software libre e matemáticas elaborado pola Universidade de Cádiz, no que tratan de ver ata que punto este software ofrece unha alternativa como sustituto ou complemento do software de pago. Os resultados son positivos.

Por outro lado deixo o enlace de Matemáticas libres nacido como un proxecto dende educalibre para introducir as NTIC na aula de matemáticas.

27/11/2007 18:59 Autor: frantematicas. #. Tema: Utilidades No hay comentarios. Comentar.

26/02/2007

CÁLCULO ONLINE

20070226142305-maquina-chorizos.jpg

Isto vai dun novo apunte para calculo matemático online, xa que sempre hai quen prefire o ordenador e pouco tempo para facer contas que a romántica solución da folla e o lapis.

Xa habíamos falado do Wiris noutro artigo imos comentar outros dous:

Interesantísima páxina arxentina para todo tipo de cálculo matemático. Se rebuscamos algo máis atoparemos moitas máis aplicacións e software, ademáis de libros de calquer temática, gran cantidade de servicios online. Unha páxina con moita información e á que se lle pode sacar moito partido.

A outra dirección que recomendo e unha páxina para o cálculo integral, de utilización sinxela: the wolfram integrator

26/02/2007 14:23 Autor: frantematicas. #. Tema: Utilidades No hay comentarios. Comentar.

26/06/2006

Exames á Carta

20060626101707-moebius-strip-engranaxes.gif

Unha ferramenta útil para calquer profesor ou para alumnos espabilados que queiran ir un paso por diante, ademais dunha base de datos de exercicios (uns 350 por agora), que ainda non leva moito tempo funcionando pero está medrando.

Neste enlace poderemos atopar unha páxina onde fabricar exames de matemáticas tanto de ESO como de Bacharelato ou varios niveis no mesmo exame.

26/06/2006 10:17 Autor: frantematicas. #. Tema: Utilidades Hay 1 comentario.

19/04/2006

GRÁFICAS ONLINE

                               

Nesta dirección poderemos realizar as nosas gráficas estatísticas sen dificultade, e imprimilas, descargalas en diferentes formatos ou mandalas a unha dirección de correo.

Fácil emprego e sen necesidade de instalar nada no ordenador, con gran variedade de exemplos.

19/04/2006 18:41 Autor: frantematicas. #. Tema: Utilidades No hay comentarios. Comentar.

29/03/2006

A CALCULADORA DO FUTURO

                           

Algo máis que unha calculadora en rede, con esta ferramenta pódese facer de todo, e o que máis sorprende é o sinxela de manexar, sen grandes complexidades de programaión, como quen manexa a típica utilidade de procesador de textos para matemáticas. Álxebra, análise, combinatoria, xeometría, etc. Mirando algún que outro exemplo ou consultando o titorial (todo en castelán) aprendese moi rápido.

Chamase WIRIS e está dispoñible no portal de educamadrid (interesante tamén este portal). Poderíamos dicir que estamos máis perto do futuro.

29/03/2006 18:58 Autor: frantematicas. #. Tema: Utilidades Hay 4 comentarios.

26/02/2006

Aprobar pode ser máis sinxelo

20060226001219-downdesk.gif

Os programas informáticos poden axudarnos a comprender moito máis rápido e dunha maneira máis intuitiva os conceptos matemáticos. Recomendo dous:

  • O primeiro trátase dun programa para representacións gráficas de funcións. Trátase dun programa moi sinxelo de utilizar, moi aconsellable para calquera alumno de secundaria e en especial de bacharelato. O programa chámase Wimplot , e pódese baixar en español, é totalmente gratuito.
  • O segundo é un programa máis completo e complexo, trátase dun potente programa de cálculo numérico, moi recomendable para estudiantes universitarios con estudios moi ligados ás matemáticas, ou para calquera moi forofo das matemáticas e das aplicacións informáticas. O prográma é o Scilab e tamén é gratuito.
26/02/2006 00:21 Autor: frantematicas. #. Tema: Utilidades No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.