Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2006.

06/03/2006

Un paseo polo universo

20060303114802-europa-jupiter-t.jpg

Con este programa poderedes viaxar a millóns e millóns de anos luz, ou ben quedarvos polo sistema solar. O realismo está garantido con este simulador astronómico en 3-D. Selecciona un destino, marca a velocidade ou viaxa libremente dun lado para outro. Poderedes ter unha idea intuitiva do que son as distancias astronómicas.

CELESTIA

06/03/2006 13:16 Autor: frantematicas. #. Tema: ASTRONOMÍA Hay 1 comentario.

08/03/2006

O mercores 22 de febreiro fomos cos alumnos de 1º de Bacharelato a Santiago, visitamos o Observatorio Astronómico Ramón María Aller , o Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" e o Museo do Acibeche, no que cada un tratou de fabricar a súa propia xoia.Para información interesante sobre Santiago e o seu movemento cultural podese visitar a paxina de Compostelacultura ou a paxina do Concello de Santiago.

Outra dirección de interese é a da propia Universidade de Santiago na que esta incluida as páxinas do Observatorio e do Museo de historia Natural.

E se necesitas buscar algunha calle ou a carretera para chegar a Santiago nada mellor que un mapa a todas as escalas.

08/03/2006 19:58 Autor: frantematicas. #. Tema: I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

11/03/2006

Boletíns de Exercicios

20060311172553-exercicios2.jpg

Publico aquí algúns dos exercicios que temos feito nas clases de 1º de Bacharelato. Sempre hai alguén despistado que non os fixo todos, ou sempre queda a posibilidade de repasar.

Matemáticas I: Sucecións , Ecuacións Inecuacións e Sistemas , Trigonometría.

Matemáticas Aplicadas ás CC.SS.: Números Reais , Alxebra.

11/03/2006 17:26 Autor: frantematicas. #. Tema: I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

17/03/2006

Matemáticas Aplicadas ás Ciencías Sociais II

20060317114148-convgaus.gifCon esta páxina case non faría falta profesor para sacar a diante esta asignatura. Trátase dunha páxina dedicada á asignatura de 2º de Bacharelato Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, nela poderedes atopar tanto os conceptos do tema moi ben explicados como un montón de exercicios, moitos deles coa posibilidade de interactuar, facendo que o aprendizaxe sexa moi intuitivo.
17/03/2006 11:41 Autor: frantematicas. #. Tema: BACHARELATO No hay comentarios. Comentar.

29/03/2006

A CALCULADORA DO FUTURO

                           

Algo máis que unha calculadora en rede, con esta ferramenta pódese facer de todo, e o que máis sorprende é o sinxela de manexar, sen grandes complexidades de programaión, como quen manexa a típica utilidade de procesador de textos para matemáticas. Álxebra, análise, combinatoria, xeometría, etc. Mirando algún que outro exemplo ou consultando o titorial (todo en castelán) aprendese moi rápido.

Chamase WIRIS e está dispoñible no portal de educamadrid (interesante tamén este portal). Poderíamos dicir que estamos máis perto do futuro.

29/03/2006 18:58 Autor: frantematicas. #. Tema: Utilidades Hay 4 comentarios.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]