Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2006.
05/04/2006
VECTORES NO PLANO

Isto é unha completa unidade didáctica interáctiva sobre o estudio da xeometría plana a nivel de 4º de secundaria ou 1º de Bacharelato. Consta dun montón de actividades, moitas delas coa posibilidade de interacción.
07/04/2006
A VIAXE MÁIS LONGA ENDEXAMAIS REALIZADA
Unha viaxe ó infinito é o que neste artigo se nos propón. Nel poderemos entender mellor o concepto de infinito no universo ou atopar resposta a preguntas curiosas que algunha vez ou endexamáis nos fixemos. Vai acompañado dun fermoso vídeo para facer máis real a viaxe.
O artigo pertence á páxina caosyciencia , esta páxina está vinculada a outra páxina interesante no tocante ó tema da astronomía, trátase da páxina do Instituto de Astrofísica de Canarias.
19/04/2006
GRÁFICAS ONLINE

Nesta dirección poderemos realizar as nosas gráficas estatísticas sen dificultade, e imprimilas, descargalas en diferentes formatos ou mandalas a unha dirección de correo.
Fácil emprego e sen necesidade de instalar nada no ordenador, con gran variedade de exemplos.
24/04/2006
Música e Matemática
Ben sabido é a relación entre a música e as matemáticas, propoño aquí un artigo curioso sobre algún exemplo desta relación. Está ben explicado e resulta entretido e moi fácil de entender.
O artigo esta sacado dunha interesante páxina, Wikilearning , onde se poden atopar ou publicar un mesmo cursos e artigos de todo tipo e totalmente gratuitos.
Outro artigo interesante, máis dende o punto do análise matemático é o de "Informática, Matemáticas y Música: La pluma digital" , onde teremos unha relación directa entre o sonido e as funcións matemáticas, incluso poderemos comprobalo de modo interactivo descargando un sinxelo programa , explicado no propio artigo.
Exercicios de Clase
Recopilo de novo algúns dos exercicios feitos nas miñas clases de Bacharelato, algúns coas solucións. Esta vez inclúo os de 2º de Bacharelato:
| 1º Bacharelato | Tecnolóxico | Sucesións |
| Ecuacións, Inecuacións e Sistemas | ||
| Trigonometría | ||
| Complexos | ||
| Xeometría | ||
| Ciencias Sociais | Números Reais | |
| Álxebra | ||
| Funcións | ||
| 2º Bacharelato | Tecnolóxico | Álxebra |
| Xeometría | ||
| Análise | ||
| Ciencias Sociais | Álxebra | |
| Análise | ||
| Probabilidade e Estatística |

