Blogia
frantemáticas

Matemáticas e Cine

Pode ser que unha das formas máis atractivas de interesarse polas mátemáticas sexa que estas formen parte da trama central dunha película. Desta forma parece que se fan máis espectaculares e incluso ata o máis desconfiado lles atopa unha aplicación.

 

Algunhas das máis coñecidas atópanse nesta direción , destacar a famosa saga "Cube" e unha curiosa película arxentina moi recomendable chamada "Moebius" feita por un profesor e os seus alumnos da escola de cine, pero cun acabado moi profesional.

Destacar outros artigos interesantes sobre o tema Cine e Matemáticas escritos polo profesor do departamento de Matematicas Aplicadas da universidade de Valladolid Alfonso Jesús Población, así como en especial a súa páxina persoal e a seción de Cine na que incluso atoparemos actividades específicas relacionadas con algunhas das películas máis famosas.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

1 comentario

mendinho -

Eu quedo coas dúas máis modernas: Good Will Hunting, que fala ben ás claras do ambiente MIT (grande politécnico onde hai aínda oportunidades se es bo) vs Harvard (cheo de pixos con cartos). A Beautiful Mind non é exactamente a vida de Nash mas pode valer (a actuación de R. Crow aquí é de Oscar e non en Gladiator).

O que é curioso é que nunca encontrei un filme sobre Ramanujan, un dos meus matemáticos favoritos, e iso que daría un bo guión.

Un saúdo.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres